INGREDIENTES
· 1 polbo de lonxa de 2 kg
· 1 cebola
· 1/2 kg de patacas
· Auga
· Sal
· Pemento doce e/ou picante
· Aceite de oliva
PREPARACIÓN
– Antes de preparar o prato, é moi importante abrandalo previamente. O polbo fresco abrándase dándolle golpes ou cun mazo de cociña, pero por sorte se o conxelamos obtemos practicamente o mesmo resultado.
– Pon a desconxelar o polbo un día antes na neveira, nun recipiente grande, xa que soltará moita auga.
– Pon a ferver auga sen sal nunha pota grande, e cando rompa a ferver engade o polbo, “asustándoo. Esta técnica consiste en meter e sacar o polbo unhas 3 ou 4 veces da auga para conseguir que non lle caia a pel durante a cocción.
– Despois, introdúceo definitivamente e cociña durante 30 minutos. Deixa temperar e córtao en anaquiños coa axuda dunhas tesoiras. Reserva.
– Pela as patacas e ponas a cocer na auga do polbo cun pouco de sal. Escorre, córtaas en anacos
– Serve nun prato de madeira os anacos de pataca e coloca enriba os anacos de polbo. Aliña con aceite de oliva e espolvorea con pemento e sal.