Polbo de Lonxa é a marca baixo a que se comercializa o polbo procedente das confrarías de Finisterre, Corcubión, Lira, Muros, O Pindo e Porto do Son, que se vende a través de Lonxa na Rede, unha plataforma de poxas virtual impulsada polo Grupo de Acción Costeira 4 a finais do 2013.

Esta marca garante a orixe e a calidade do polbo ante os consumidores. A etiqueta Polbo de Lonxa identifica o produto no punto de venda e nos establecementos de hostalaría nos que se serve.

A plataforma Lonxa na Rede nace co obxectivo de facer este produto accesible a grandes e medianos compradores a través da rede, sen que teñan que desprazarse fisicamente á lonxa. Así poderán ofrecer aos seus clientes Polbo de Lonxa: un polbo con marca propia, de calidade e a bo prezo.

Só o mellor polbo galego pode levar a marca Polbo de Lonxa.

pulpo