arroz1

Arroz negro con Polbo de Lonxa e lura

Ingredientes:
400 gr de polbo cortado en anacos
200 gr de anacos de lura
1 bolsa de tinta de lura
1 dente de allo
300 gr de arroz
3/4 l de caldo de peixe
5 culleradas de aceite de oliva
sal
Anacos de polbo para decorar

Preparación
. Pon a ferver nunha pota o caldo de peixe
. Nunha tixola, asa os anacos de polbo para decorar e resérvaos.
. Na mesma tixola, quenta o aceite de oliva co dente de allo picado en anacos
. Engade os anacos de polbo e os de lura e rehoga
. Cando estean un pouco feitos, engade o arroz e revolve
. Pon sal ao gusto e engade tamén a tinta de lura, mesturando ben todos os ingredientes
. Bota o caldo de peixe, xa fervendo, e deixa cocer a lume forte durante 8 minutos e logo baixa o lume ata o final da cocción
. Aparta do lume e deixa repousar. Serve en pratos individuais decorados cos anacos de polbo.

arroz_g

Comments are closed.