rusti1

Asado de Polbo de Lonxa

Ingredientes:
1 polbo de lonxa grande
4 Patacas.
2 cebolas
2 tomates
1/2 cabeza de allos
1 folla de loureiro
Aceite de oliva
450 ml de viño branco
Sal e pementa

Preparación
. Prequecer o forno a uns 180º
. Corta a cebola en xuliana, as patacas en cubos e o tomate en anacos grandes e fai unha cama con eles nunha fonte
. Limpa o polbo e córtalle a cabeza (non a tires) e logo as patas dunha nunha e coloca cabeza e patas na fonte, enriba das verduras
. Engade os allos, o loureiro e salpimenta ao gusto. Rega co viño e o aceite.
. Deixa cociñar durante 1 hora ou 1 hora e media, ata que o polbo e as patacas estean tenros
. Serve facendo sobre o prato unha cama de verduras asadas e colocando as patas de polbo por enriba.

 

asado1

Tags: No tags

Comments are closed.