INGREDIENTES
· 4 tentáculos de polbo cocido
. A carne de 10-15 mexillóns cocidos
. Medio paquete de surimi
.1 cebola
. Medio pemento vermello
· Olivas negras
· Aceite de Oliva
· Vinagre
· Sal
PREPARACIÓN
– Corta o polbo e o surimi en anacos
– Pica a cebola e o pemento en cadrados pequenos
– Coloca todos os ingredientes nunha cunca e engade enteiros os mexillóns e as olivas
– Pon sal ao gusto, e rega cun xeneroso chorro de aceite de oliva e outro de vinagre
– Serve en pratos individuais